23/02/2016
Non fumador ou non-fumador?
Tanto o Dicionario da Real Academia Galega como as Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega establecen que levan guión aquelas palabras que teñen como primeiro elemento non- para indicar oposición ou condición contraria á palabra que segue:
Non-fumador, non-sexista, non-agresión, non-aliñado, non-intervención…
E que ocorre con ex?
Utilizamos o guión cando o prefixo ex- significa ‘estado ou posición que xa non se posúe’:
Ex-oficial, ex-marido, ex-compañeira, ex-ministra, ex-alcalde…
Porén, cando o prefixo significa ‘fóra de’ ou ‘movemento cara ao exterior’, únese directamente á palabra:
Excarcerar, excomuñón, expatriar
En canto ao resto de prefixos cultos latinos ou gregos, tamén se unen á palabra directamente:
Antiheroe, postoperatorio, antinéboa, anticonxelante, pospalatal…
Hai un caso moi específico de uso do guión en relación cos puntos cardinais.
Foto de Samuel Zeller en Unsplash