23/02/2016

Para que serve a cursiva?

A cursiva é a letra de eixe inclinado á dereita. Despois da letra redonda, é a que máis uso ten nas composicións textuais.

Cando a usamos a cursiva?

Podemos resumir as funcións principais e habituais en seis grupos:

1. Sérvenos para destacar as palabras ou locucións non normativas (por seren estranxeirismos, inventadas, incorrectas ou pertencentes a unha xerga).

Precisamos facerlles aos estudantes preguntas significativas e darlles o feedback adecuado a esas preguntas.

2. Sinala termos nas explicacións lingüísticas para mostrar que falamos dunha palabra como tal.

As únicas palabras no galego que levan a secuencia -vr- son ávrego, avreguíaacivro.

3. Levan cursiva os títulos de publicacións, obras de arte, películas e programas.

Frankenstein ou o moderno Prometeo é unha obra literaria da escritora inglesa Mary Shelley. 

4. Tamén a levan os pseudónimos ou alcumes.

Louis Ferdinand Auguste Destouches, line, é un dos escritores franceses máis traducidos e difundidos do século XX.

5. Os nomes científicos de plantas, animais ou virus preséntanse tamén en cursiva.

Ilex aquifolium é o nome científico do acivro.

6. Podemos empregala para destacar unha determinada palabra; tamén as comiñas teñen esta función.

Comeu tres porcións de torta.

No caso de que todo o texto estea en cursiva, intercambiaremos a súa función e colocaranse en letra redonda as secuencias que queremos marcar.

O know-how dunha empresa constitúe un dos activos intanxibles de maior importancia.