Para non perdérmonos na rosa dos ventos

Os catro puntos cardinais non teñen dificultade ningunha: norte, sur, leste e oeste. Os erros que poden xurdir débense, sobre todo, ao uso das maiúsculas e dos guións. Podemos resumir as “zonas de risco” en catro puntos:

1. Os puntos cardinais e os puntos colaterais (noroeste, nordeste ou nordés, suroeste, sueste) escríbense en minúsculas:

A fronte achegarase polo oeste. 

Temos que ir cara ao sueste.

Hai moitos factores que explican as desigualdade entre os países do norte e os países do sur.

O xaguar habita no norte de México e na Amazonía brasileira.

2. Porén, se os puntos cardinais forman parte dun topónimo, haberá que escribilos con maiúscula:

América do Sur, Irlanda do Norte, Corea do Norte, Europa do Leste…

3. As súas abreviacións e as dos puntos colaterais escríbense en maiúsculas e sen puntos xa que son símbolos.

N, S, L (E), O, SE, NE, SO ou SW, NO ou NW.

4. Os puntos subcolaterais dos puntos cardinais requiren guión:

Nor-nordeste ou nor-nordés, nor-noroeste; les-nordeste, les-nordés, les-sueste;  oés-noroeste, oés-suroeste; sur-suroeste, sur-sueste.