Con ou sen guión?

Non fumador ou non-fumador?  Tanto o Dicionario da Real Academia Galega como as Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega establecen que levan guión aquelas palabras que teñen como primeiro elemento non- para indicar oposición ou condición contraria á palabra que segue:

Non-fumador, non-sexista, non-agresión, non-aliñado, non-intervención…

E que ocorre con ex?

É preciso utilizarmos o guión nas palabras que teñen o prefixo ex- cando significa ‘estado ou posición que xa non se posúe’:

Ex-oficial, ex-marido, ex-compañeira, ex-ministra, ex-alcalde…

Porén, cando este prefixo significa ‘fóra de’ ou ‘movemento cara ao exterior’ únese directamente á palabra sen guión:

Excarcerar, excomuñón, expatriar

En canto ao resto de prefixos cultos latinos ou gregos, tamén se unen á palabra sen guión:

Antiheroe, postoperatorio, antinéboa, anticonxelante, pospalatal…

Hai un caso moi específico de uso do guión en relación cos puntos cardinais.