Cando temos que escribir unha indicación horaria con horas, minutos ou segundos poden xurdirnos varias dúbidas. Unha delas pode ser como se separan as horas dos minutos. Ben, podemos empregar o punto e tamén os dous puntos, de feito, esta é a recomendación da ISO 8601.
A reunión está fixada para as 10.30 h do venres.
A reunión está fixada para as 10:30 h do venres.
Ollo! Non debemos inserir espazo ningún entre os dous puntos e as cifras (15:30 h).
Son símbolos!
Outro dos erros frecuentes ten que ver coa forma da abreviación. Ao seren símbolos, non levan punto nin plural. A abreviación de hora é h sen punto, como ocorre con outros termos do ámbito científico ou técnico:
Minuto: min
Segundo: s
Metro: m
Quilómetro: km