
19/05/2016
Pos- ou post-?
Ás veces, dubidamos á hora de escribir palabras tan correntes como postoperatorio, posgrao, posmoderno… Pos- ou post- representan un elemento de orixe latina que se xunta a outras palabras co significado de ‘posterior no espazo e no tempo’.
O miolo
A solución é ben sinxela; adoptamos a variante pos- cando a palabra á que se une comeza por consoante:
Posclásico, posguerra, pospoñer…
Empregamos post- cando vai seguido dunha palabra que comeza por vogal ou por s-:
Postelectoral, postoperatorio, posapocalíptico, postsurrealismo…