16/06/2018

O URL ou a URL?

URL pasou a ser unha palabra habitual nos últimos tempos, pero é ‘o url’ ou ‘a url’?

As siglas teñen o xénero do substantivo principal que fai de núcleo. A sigla USC ten xénero feminino porque representa a Universidade de Santiago de Compostela e a palabra núcleo é universidade. A palabra sida é feminina porque provén da sigla de ‘síndrome de inmunodeficiencia adquirida’ e o substantivo principal é síndrome, que en galego ten xénero feminino (a síndrome). UNESCO (en inglés, United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization) é unha palabra feminina porque o substantivo principal é organización.

Entón, que facemos?

Tendo en conta isto, debemos dicir o URL. É a sigla de ‘Uniform Resource Locator’, traducido como ‘localizador uniforme de recursos’. O seu xénero é masculino, xa que localizador é de xénero masculino.

Foto de Johannes Plenio en Unsplash