27/04/2018

Fallar non é un sinónimo de ditaminar

O significado de fallar só pode aludir a ‘non funcionar como debería’ e os seus sinónimos son errar ou fracasar. No entanto, ás veces, nos medios de comunicación atopamos frases como:

*Fallarase a sentenza o xoves.

*O supremo volve fallar a favor do galego.

Fallar non posúe o significado de ‘decidir un litixio ou proceso’ que ten no castelán. Con este sentido, as frases anteriores serían incorrectas. No seu canto, debemos empregar decidir ou algún outro sinónimo como resolver, ditaminar ou xulgar.

Resolverase a sentenza o xoves.

O supremo volve decidir a favor do galego.

Que ocorre con fallo?

Da mesma maneira, fallo é un sinónimo de erro. Igual ca o verbo fallar, este substantivo non se debe empregar co significado de ‘decisión xudicial ou conclusión da sentenza’. No seu lugar podemos empregar decisión, ditame, resolución.

Outro tema é que haxa, evidentemente, sentenzas con erros ou fallos. Se é isto do que queremos falar, adiante!

Foto de Samuel Zeller en Unsplash