Pílulas para o galego
Xuntaremos o 16 de marzo, coma sempre ás 20:00 hora de Galicia, para falar d’A vexetariana, a novela de Han Kang. Será a primeira vez que leamos un libro dunha autora asiática, traducida directamente ao galego por Alba Verea, e será tamén a primeira vez que leamos o libro dunha autora de Nobel (déronllo este 2024).
En maio xuntarémonos o 11 de maio (xusto a fin de semana anterior ás Letras). Leremos os Contos gringos, de Lara Dopazo, e leremos Coa man esquerda, de Xabier Quiroga. Por que dous? Porque os Contos gringos son pequeniños, porque nos petou e porque nos viñemos arriba. Pero ata o de agora sempre lemos 1 libro só.
Na xuntanza de xaneiro, que fixemos en Meetup, falamos de Tras do ceo, de Manuel Rivas, falamos de’O coala, de Daniel Ugarte (foi unha sorpresa, que el non sabía nada), e aproveitamos para escoitar a vociña de Carla, que de momento non sabe ler, pero xa se achegou polo clube por vez primeira.