26/04/2018
Diminuír, con ou sen s?
Diminuír é a forma etimolóxica e, por tanto, a correcta. Vén do latín DIMINUERE. No francés resultou diminuer, no italiano diminuire, no portugués diminuir. Outras palabras derivadas son diminuto, diminución ou diminuído.
Como vedes, en ningunha destas palabras aparece o -s- que a miúdo inserimos por influxo do castelán. En galego *disminuír é unha forma incorrecta. A única opción é diminuír.
Algo semellante ocorre con palabras como cirurxía. No noso contorno lingüístico, a maioría das linguas presentan a forma con -r-. No francés temos chirurgie, no portugués cirurgia, no italiano chirurgia, no inglés surgery… O castelán supón unha clara excepción; no entanto, a palabra castelanizada suplanta a forma correcta en demasiadas ocasións.
Foto de David Clode en Unsplash