Como se escriben as horas?

Cando temos que escribir unha indicación horaria con horas, minutos ou segundos poden xurdirnos varias dúbidas. Unha delas pode ser como se separan as horas dos minutos. Ben, podemos empregar o punto e tamén os dous puntos, de feito, esta é a recomendación da ISO 8601.

A reunión está fixada para as 10.30 h do venres.
A reunión está fixada para as 10:30 h do venres.

Ollo! Non debemos inserir espazo ningún entre os dous puntos e as cifras (15:30 h).

Son símbolos!

Outro dos erros frecuentes ten que ver coa forma da abreviación. Ao seren símbolos, non levan punto nin plural. A abreviación de hora é h sen punto, como ocorre con outros termos do ámbito científico ou técnico:

Minuto: min

Segundo: s

Metro: m

Quilómetro: km