03/08/2018
Como abreviamos Estados Unidos?
A sigla para abreviar Estados Unidos de América é EUA. Ademais, tamén podemos usar EEUU. Ambas as dúas son usadas no propio Dicionario da Real Academia Galega en varias das súas definicións. Tanto EEUU como EUA son formas válidas; a escolla dunha ou doutra dependerá de cuestións de estilo e debemos ser coherentes con nosa escolla.
Por outra parte, USA ou US (United States of America) son siglas en inglés e non deben usarse nos textos en galego.
O xentilicio é estadounidense. Tamén temos o xentilicio norteamericano/a para designar a ‘persoa que habita nos Estados Unidos’ pero esta acepción coexiste coa de ‘persoa que habita en América do Norte’; como América do Norte inclúe, ademais, outros estados como Canadá e México, parece que a opción menos ambigua para chamarlle á persoa de Estados Unidos é estadounidense.
Foto de Jose Moreno en Unsplash