23/02/2016
As datas ao final dos documentos
Un dos erros máis habituais en documentación administrativa xorde na escrita das datas. Imos revisar os tres erros máis frecuentes.
Erro 1
O lugar e a data escríbense separados por unha coma e sen empregar preposicións introdutorias, nin en nin a. Non resulta moi anacrónica a data marcada en vermello?:
*En Ourense, a 14 de xaneiro de 2016 > Vigo, 14 de xaneiro de 2016
Erro 2
Os meses e os días da semana, se os escribimos, póñense en minúsculas a non ser que vaian en posición inicial:
*12 de Xaneiro > 12 de xaneiro de 2016
Luns, 12 de febreiro; domingo, 3 de marzo…
Erro 3
Os anos non levan nunca espazos nin punto entre as cifras:
*2.018 > 2018