Pos- ou post-?

Ás veces, dubidamos á hora de escribir palabras tan correntes como postoperatorio, posgrao, posmodernoPos(t) é un elemento de orixe latina que se xunta a outras palabras co significado de ‘posterior no espazo e no tempo’.

O miolo

A solución é ben sinxela; adoptamos a variante pos- cando a palabra á que se une comeza por consoante:

Posclásico, posguerra, pospoñer…

Empregamos post- cando vai seguido dunha palabra que comeza por vogal:

Postelectoral, postoperatorio, posapocalíptico…