Vinteún ou vinte e un?

Nun artigo anterior, revisamos a escrita dos números en relación coa decisión de escribilos en letras ou números, co uso de espazos e puntos ou coa escrita das datas. Pero os números poden presentar unha ampla variedade de dúbidas ou erros. Nos numerais cardinais, estes erros poden xurdir na escrita dos compostos.

Pois ben, a partir de vinte as combinacións dos cardinais escríbense separadas:

quince
dezaseis
dezasete
dezaoito
dezanove
vinte
vinte e un
vinte e dous
trinta
trinta e un
trinta e dous…
corenta

Outro erro habitual é escribir *dazaseis, *dazasete Ollo!, son formas incorrectas. Son compostos sobre dez e manteñen o seu -e-: dezaseis, dezasete, dezaoito.