Vai de preguntas…

Onde poñemos o signo de interrogación? Ao comezo, ao final ou en todos os lados? Como acaba de ser evidente, o emprego do signo de interrogación só é obrigatorio ao final do enunciado. Na súa orixe, o signo de interrogación situábase só ao remate e esta segue sendo a práctica máis frecuente entre as linguas do noso contorno (francés, portugués, catalán, inglés…).

Cando rematarán as obras nesta rúa?

Non obstante, podemos empregalo naqueles casos en que non se percibe claramente onde comeza a interrogación; isto pode ocorrer, sobre todo, en frases longas de máis dunha liña.

De onde vén?

Unha das hipóteses en canto á súa orixe é que  proceda dunha estilización de Qo, abreviación da palabra latina quaestiō ‘pregunta’. A palabra latina evolucionaría nunha secuencia que vai desde a supresión das letras intermedias (qo) ata colocar o q encima do o. Co tempo, este o converteríase nun simple punto.

Os erros habituais

Despois dun signo de interrogación non se pon punto. Entendemos que xa vai incorporado no subpunto do signo de interrogación:

*Como o envío?.

Polo tanto, a oración seguinte comezará con maiúscula:

Cales son os obxectivos? Como podemos secuencialos? Que prazo temos? 

No entanto, é compatible con outros signos de puntuación (comas, dous puntos, punto e coma…).

Cantos días tardarás?, dúas semanas?, máis?…

Nestes casos, a oración que apareza por tras seguirá as regras xerais de uso das maiúsculas e minúsculas.

Os signos de interrogación van pegados ás palabras que rematan o enunciado e, se este vai nun tipo de letra diferente (cursiva, negra), os signos levarán o mesmo tipo de letra.

*Que tempo fará mañá?

Que tempo fará mañá?

Os signos de exclamación teñen o mesmo funcionamento:

Cantas novidades nos agardan!