23/02/2016

Non fumador ou non-fumador?

Tanto o Dicionario da Real Academia Galega como as Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega establecen que levan guión aquelas palabras que teñen como primeiro elemento non­- para indicar oposición ou condición contraria á palabra que segue:

Non-fumador, non-sexista, non-agresión, non-aliñado, non-intervención…

E que ocorre con ex?

Utilizamos o guión cando o prefixo ex- significa ‘estado ou posición que xa non se posúe’:

Ex-oficial, ex-marido, ex-compañeira, ex-ministra, ex-alcalde…

Porén, cando o prefixo significa ‘fóra de’ ou ‘movemento cara ao exterior’, únese directamente á palabra:

Excarcerar, excomuñón, expatriar

En canto ao resto de prefixos cultos latinos ou gregos, tamén se unen á palabra directamente:

Antiheroe, postoperatorio, antinéboa, anticonxelante, pospalatal…

Hai un caso moi específico de uso do guión en relación cos puntos cardinais.

Foto de Samuel Zeller en Unsplash