Cando hai que poñer a diérese?

1. O uso máis frecuente da diérese aparece coa letra -u- para indicar que se pronuncia nas secuencias güe, güi fronte a gue, gui:

Lingüística, ambigüidade, pingüe, pingüín…/guitarra, guerra, guedellas, guía…

2. Á parte deste uso, tamén aparece na primeira e segunda persoas de plural do copretérito (imperfecto) de indicativo dos verbos que rematan en -aer, -oer, -aír, -oír, -uír: caïamos, caïades, oïamos, oïades, saïamos, saïades, traïamos, traïades etc. Esta diérese  resúltanos útil para distinguir as formas do copretérito das do pretérito de subxuntivo: caiamos, caiades, oiamos, oiades, saiamos, saiades, traiamos, traiades etc.

Antes non traïamos tanta equipaxe cando viñamos./ É posible que mañá só traiamos un coche.