23/02/2016

As datas ao final dos documentos

Un dos erros máis habituais en documentación administrativa xorde na escrita das datas. Imos revisar os tres erros máis frecuentes.

Erro 1

O lugar e a data escríbense separados por unha coma e sen empregar preposicións introdutorias, nin en nin aNon resulta moi anacrónica a data marcada en vermello?:

*En Ourense, a 14 de xaneiro de 2016 > Vigo, 14 de xaneiro de 2016

Erro 2

Os meses e os días da semana, se os escribimos, póñense en minúsculas a non ser que vaian en posición inicial:

*12 de Xaneiro > 12 de xaneiro de 2016

Luns, 12 de febreiro; domingo, 3 de marzo…

Erro 3

Os anos non levan nunca espazos nin punto entre as cifras:

*2.018 > 2018