As datas ao final dos documentos

Un dos erros máis habituais en documentación administrativa xorde  na escrita das datas. O lugar e a data escríbense separados por unha coma e sen empregar preposicións introdutorias. Non resulta moi anacrónica a data en vermello?:

*En Ourense, a 14 de xaneiro de 2016 > Vigo, 14 de xaneiro de 2016

Como vedes, o día do mes e o ano exprésanse en cifras. Os meses e os días da semana, se os escribimos, póñense en minúsculas a non ser que vaian en posición inicial:

12 de xaneiro de 2016

Luns, 12 de febreiro; domingo, 3 de marzo…

Os anos non levan nunca espazos nin punto entre as cifras:

2016